Archive for the Arte Category

William Blake

Posted in Arte on 2 abril, 2011 by Sergio
Anuncios

Picasso en acción

Posted in Arte on 2 abril, 2011 by Sergio

Picasso colle a brocha gorda e pinta, con poucos trazos, figuras moi simples nun cristal. A cámara sitúase en fronte do pintor, e detrás do cristal, polo que a sensación é que o propio artista pinta para nós. Unha forma orixinal de narrar a experiencia artística.

Salvador Dalí

Posted in Arte on 2 abril, 2011 by Sergio

En apenas dous minutos, Salvador Dalí fainos partícipes dunha serie de reflexións relacionados coa morte, a existencia de Deus, a súa experiencia como pintor, o seu concepto de arte, a súa opinón sobre outros artistas como Velázquez, Vermeer ou incluso Mozart. Non ten perda.

Wassily Kandinsky: a arte como expresión do mundo interior

Posted in Arte on 1 abril, 2011 by Sergio

<<A supresión dos sons interiores que constitúen a esencia das cores,

a dispersión das forzas do artista no vacío, é a arte pola arte>>[1]

Wassily Kandinsky

É obxecto desta pequena exposición tratar de explorar mínimamente as críticas que recibe o materialismo, e o pensamento de Marx en particular, dende o “mundo” da arte por parte de autores como o ruso Wassily Kandinsky. O núcleo desta crítica sitúase, a meu modo de ver, no mesmo punto no que se apoia a de Ignacio, a saber, no olvido (ou rexeitamento) marxiano do espíritu, con todo o que iso conleva.

Kandinsky, na súa loita encarnizada contra a pintura figurativa, decátase de que o feito de que esa forma de entender a pintura, e non outra, sexa a hexémonica no seu tempo, é produto do paso por unha etapa histórica dominada polas correntes materialistas. Así, a pintura eríxese como aquela disciplina encargada de plasmar, e en definitiva de emular, o mundo visible ou perceptible. Isto é o que ocorrerá, por exemplo, nos estados socialistas como a URSS, onde o realismo domina o espectro da producción artística.

Por realizar un pequeno achegamento a Marx (e ó seu pensamento), atrevémonos a dicir que, en parte, é a súa concepción da conciencia como mero reflexo do mundo percibido polo suxeito a que posibilita este tipo de pintura, unha pintura que se conforma coa plasmación do mundo que podemos chamar material. O espíritu, o que Ignacio designa no seu texto como “adentro”, é neutralizado, velado. O individuo concebido por Marx é un desalmado, un home que non posúe relación co seu mundo interior, co seu fondo sombrío, e polo tanto coa división ou fractura que o constitúe.

Froito deste plantexamento é o feito de que, por dicilo dalgún xeito, tampouco a arte se relacione con aquilo que na mairoría dos casos non é susceptible de ser racionalizado, tasado e medido. É sinxelo inferir a identidade dun suxeito a partires das súas percepcións económicas, do lugar que ocupa na estructura económica (clase), pero non en función das veces que chora, das ocasións nas que sinte ledicia, da “forma” que adoptan os seus soños, da relación que mantén ese suxeito coa súa finitude, etc; e non o é porque, xustamente, todas estas situacións escapan ao cerco da identidade.

A loita de Kandinsky vai na dirección de recuperar o espíritu, tanto para a arte como para o propio individuo. Se dixemos que a pintura figurativa era a bandeira da arte digamos materialista, a pintura abstracta desempeñará o mesmo papel nunha concepción da arte que él mesmo designa como espiritual. Profundicemos un pouco máis nesta cuestión.

Para Kandinsky, e este é o gran motivo do seu rexeitamento con respecto á pintura figurativa, a arte non debe ter por cometido a emulación do mundo visible. Ante todo, a pintura, as obras pictóricas, deben ser producto da expresión do que él mesmo designa como mundo interior do artista (un “paraxe” eminentemente espiritual), ese mundo que, como sabemos, non está composto por figuras ou corpos, senón por sentimentos, inquedanzas e, en definitiva, por fracturas e contradiccións. Por iso a pintura ten que ser, segundo Kandinsky, abstracta.

Nos cadros de Kandinsky podemos percibir como as formas, as figuras, convírtense nun mero soporte das cores, unhas cores que, á súa vez, son o medio a través do cal o artista expresa os seus sentimentos máis profundos. Parafraseando ao pintor ruso, as cores serían as encargadas de facer chegar ao observador sensible da obra os sentimientos ou inquedanzas que esconde ese mundo interior, un mundo que representa para o noso autor nada menos que a esencia verdadeira do home.

En toda a obra de Kandinsky está presente, como un espectro que recorre todos os seus cadros, unha mordaz crítica ao materialismo, unha corrente que, para o noso artista, supón un atraso no avance do espíritu humano. Isto é o que levou, entre otras cosas, a que algúns autores definan a súa obra como unha tarefa guiada por un ansia de destrución ou devastación da materia.

Sergio Cernadas Leis

Bibliografía:

  • Sociedad y Barbarie. Marx como fuente de desarraigo, Ignacio Castro
  • Sobre lo Espiritual en el Arte, Wassily Kandinsky
  • El Realismo Socialista; la belleza de la pintura al servicio de la política, Borja Santiago

[1] Kandinsky, Wassily, Sobre lo Espiritual en el Arte, p.25