Archive for the Cinema Category

Sopa de Ganso…

Posted in Cinema on 19 agosto, 2012 by Sergio

Fragmento do filme Sopa de Ganso, dos “Marx Brothers”…

“[…] ¿Sí? ¿Y hasta qué hora los tiene abiertos? […] Es un concepto bastante amplio… y usted también es bastante amplia. Será mejor que se largue, he oído que van a construir unas oficinas donde está usted. Se puede ir en taxi; si no consigue uno se puede ir indignada; y si es pronto váyase dentro de un minuto. ¿Sabe que no ha dejado de hablar desde que he llegado? La habrán vacunado con la aguja de un tocadiscos […]”

Anuncios

Gummo…

Posted in Cinema on 3 diciembre, 2011 by Sergio

Fragmento do film “Gummo”, de Harmony Korine. Película estrana e desconcertante que retrata a vida de varios adolescentes nun pobo chamado Xena, en Ohio, un lugar devastado anos atrás pola acción dun tornado e que sigue a vivir as consecuencias da catástrofe. Decandencia en estado puro.

Unha e outra vez…

Posted in Cinema on 22 junio, 2011 by Sergio

Escena final da película “Eternal Sunshine of the spotless mind” (traducción en castelán: “Olvídate de mí”), de Michel Gondry. Joel (Jim Carrey) e Clementine (Kate Winslet) xogan nunha praia nevada. Cando están a piques de desaparecer na néboa, a escena repítese dende o comezo. Esta repetición é sempre distinta, pero á vez é a mesma, a mesma historia de amor e, por suposto, o mesmo final. Película alucinante. Nietzsche, a sombra de Nietzsche, está presente durante todo o filme. O eterno retorno como colofón, e unha única frase que resoa a cada instante: “benditos sexan os olvidadizos, pois superan incluso os seus propios erros”.

Morrer xogando

Posted in Cinema on 5 junio, 2011 by Sergio

Se perdes, caes. E se caes, morres. Neste vídeo asistimos á execución do xogo predilecto dos rapaces xaponeses que protagonizan a película “Blue Spring”, de Toshiaki Toyoda. Eles non participan nun xogo calquera, senón “no” xogo, o xogo da morte. Un xeito estúpido, á vez que macabro, de acadar o liderazgo do grupo.

Un mal soño…

Posted in Cinema on 5 junio, 2011 by Sergio

Escena da película “Vértigo”, de Alfred Hitchcock. Scottie (Rex Stewart) sofre un pesadelo, un mal soño no que aparece Carlota Valdés, o antepasado que domina a vida de Madeleine (Kim Novak). O xogo de luces/cores, o ramo de flores, a animación, o cemiterio… e o típico final do peor dos pesadelos, ese “final” que precede ao despertar.

¿Quen se atreve?

Posted in Cinema on 13 mayo, 2011 by Sergio

Presentamos unha escena da película surcoreana “Oldboy” (filme moi recomendable, por outra parte). O protagonista toma asento nun restaurante e pide “algo vivo”. A camareira ofrécelle un pequeno polbo que él degusta como se de un manxar se tratase. A sensación de repugnancia mistúrase coa incredulidade. Para os escépticos, pinchando aquí podedes ver o makin of da escena. Polo que poiden comprobar, e espero non estar a pecar de inxenuo, non hai truco…

Stalker…

Posted in Cinema on 23 abril, 2011 by Sergio

Nesta brutal (á vez que magnífica) escena da película “Stalker”, o director ruso Andréi Tarkovski preséntanos un xeito canto menos peculiar de aproximarse, de achegarse ó ser humano, un ser humano que comparte lugar (na escena) cos despoxos deste mundo.