Archive for the Literatura Category

Entrevista a Clarice Lispector

Posted in Literatura on 23 mayo, 2012 by Sergio

“Habrá un año en que habrá un mes en que habrá una semana en que habrá un día en que habrá una hora en que habrá un minuto en que habrá un segundo y, dentro del segundo, habrá el no tiempo sagrado de la muerte transfigurada”

Anuncios

Preámbulo ás instrucións para dar corda a un reloxo

Posted in Literatura on 2 abril, 2011 by Sergio

Presentamos a un dos grandes literatos do século XX recitando un dos seus máis famosos relatos.

“EL”

Posted in Literatura on 1 abril, 2011 by Sergio

 

A temperatura era moi agradable, quizáis demasiado para tratarse dunha noite de novembro. A cidade ficaba case deserta. O único que conseguía perturbar aquela preciada atmósfera era o ruido que, ao lonxe, producía o tránsito dalgún que outro coche. As farolas, entretanto, parecían contaxiarse da tristeza do ambiente, xa que a luz que emitían era do máis tenue. O mesmo ocorría cos paneis publicitarios que se sucedían a cada paso. Todo, absolutamente todo, parecía estar esixindo que chegase a súa hora, o seu final. A gran metrópole estaba sumida nunha agonía silenciosa, unha agonía da que EL non pretendía ser partícipe.

Os seus pasos eran lentos á vez que decididos. Dende a distancia, aquel home semellaba ser unha pantasma, un espectro, unha presenza que, a pesar de atoparse alí, ante os nosos ollos, non pertencía a este tempo nin a este lugar. Sen embargo, había algo nel que permitía intuir que sobreviría a todo isto. Era como se a súa propia existencia fora axena ao que ocorría ó seu redor. EL, en definitiva, era inmortal.

Dende a posición na que me atopaba, podería facer unha descrción detallada de tódolos seus movementos, da roupa que levaba posta, da cor do seu cabelo, dalgúns dos seus rasgos físicos… pero nunca sabería que se esconde na alma daquel ser misterioso. Xustamente pola imposibilidade de levar a cabo dita tarea, tratei de imaxinalo, para así poder coñecer a esa persoa, a esa pantasma, que camiña polo deserto nesta noite de novembro.

En primeiro lugar, supuxen que EL estaba só neste mundo. Podería pensar que a sús muller foi víctima, recentemente, dunha enfermidade mortal, e que por iso EL, un home triste e solitario, vaga polas rúas da cidade buscando unha paz que non atopa noutro lugar; pero o certo é que esta historia é demasiado vulgar, incluso convencional, unha convencionalidade que falaría moi mal, por outra parte, da miña capacidade imaxinativa e creativa.

Polo contrario, gústame máis pensar que EL, simplemente, non ten ningún motivo para facelo. A súa presenza, ademáis, garda relación con algún tipo de imperturbabilidade. Da a impresión de ser un home que, a pesares de pasear por un deserto, só se admira a sí mesmo. Camiña coa única intención de verse camiñando, de contemplarse. A noite, o vacío que evoca a metrópole, convérteo nunha sorte de Deus que exerce un dominio sobre todo o que o rodea. Polo día é un máis entre os outros. Pola moite, en cambio, é único.

Tratei de construir o seu perfil, a súa “ficha”. A súa idade rondaría os 60 anos. EL era, sen dúbida, un home vigoroso. A súa altura podería alcanzar os 1,90 metros. Os seus cabelos, ocultos case na súa totalidade por un sombreiro, eran negros; e a súa tez era máis ben pálida. Os seus ollos, algo que non alcanzaba a ver, serían grises.

A súa infancia foi pouco traumática. EL provén dunha familia acomodada, polo que nunca tivo problemas económicos. Non obstante, foi un rapaz con multitude de carencias de tipo afectivo, algo que encaixa coa descrición da súa personalidade actual. Este feito marcaría o devir da súa existencia. Así, un sentimento de autarquía apoderouse da súa personalidade. Ó mesmo tempo, a súa “condición” de Deus, implicaba un menosprecio e un rexeitamento de todo o que teña que ver cós homes, ca humanidade. EL estaba por riba de todos nós. EL era un misántropo, alguén que non aceptou a súa natureza, que quere ser algo que non é, algo que os outros non lle permiten. Por iso os odia.

Eu tamén odio a moitas persoas. Eu tamén son algo que non me deixan ser. Penso moitas veces na vida deste home, nos datos que rexistrei acerca del nesa noite de novembro. Penso que EL debería estar aquí. A min fixéronme unha “ficha” parecida cando me trouxeron.

 

Sergio Cernadas Leis