Archive for the Reflexión/Ensaio Category

Benvida ao mundo das sombras

Posted in Reflexión/Ensaio on 31 marzo, 2011 by Sergio

Skotopos: trátase dun pequeno invento, dunha sorte de creación conceptual improvisada, forzada ou incluso acertada. Skótos é un vocablo grego que significa “penumbra”, “escuridade”. Topos, pola súa banda, remite ao “lugar”. Polo tanto, skotopos vén a see algo así como o lugar da escuridade, o lugar da potencia, no senso no que o filósofo Giorgio Agamben trata dita cuestión. Ante todo, isto trátase dun experimento, dun lugar de probas, de reflexión, de fracasos, de intencións…

A escuridade, o lugar da escuridade, é tamén o topos da potencia, da dynamis. A luz, que segundo o propio Agamben trataríase da cor do diáfano (diaphanés), garda relación co acto (energeia), coa actualidade. Pero antes do acto, e tamén tras él, habita a potencia, a forza creativa, vital. Trataremos aquí de pór dita potencia a “funcionar”, de experimentar o que un pode, de examinar os nosos propios límites, o noso poder.

Benvidos ao lugar da potencia!

 

Texto: Sergio Cernadas

Ilustración: Arantxa Suárez, sin título

Anuncios